O presente traballo é unha recreación da careta dun Boteiro de Viana do Bolo, símbolo principal do entroido da vila.
MATERIAIS EMPREGADOS
Arcilla para moldear Tesoiras
Pinturas Acrílicas cor Branca, Negra e Vermella e Verniz
Arame

Alicates Cola branca
Papel Seda Pinceis
PROCESO DE ELABORACIÓN
En primeiro lugar manipulei a arcilla e elaborei a forma da careta para posteriormente cocela e así facela ríxida e duradeira. Tras a coción, marquei con lapis as diferentes partes e dinlle unha capa de pintura de cor negra. Cando secou, pintei os ollos e os dentes de cor branca e os beizos de cor vermella; posteriormente apliqueille verniz para darlle brillo.
Tras ter a careta realizada, procedín a realizar a montura polo que con axuda moldeei o arame de considerado grosor debido a que eu non era capaz de moldealo. Ó formar a montura, simple porque non é necesario unha montura moi esaxerada, comecei a recortar o papel seda na forma necesaria para crear a representación real da montura dun Boteiro (o papel seda é dobrado varias veces e recortado en tiras para a hora de colocalo quede perfecto).
Para colocar o papel, colócase cola no arame e vaise enroscando o papel seda e apretándoo para que o papel quede prensado e ben colocado, polo que é necesario colocar bastante cola no arame pero sen que quede pringoso para non ensuciar o papel.
Unha vez que tiña a montura completada co papel seda procedín a unir a careta ca montura cun arame de grosor fino para que quedara ben agarrado.
O final coloqueille puchos realizados co papel seda e coloqueinos no frente da careta como unión para a careta e a montura.
INSPIRACIÓN
A miña inspiración para realizar este traballo non foi outro que a admiración que sinto polo entroido de Viana do Bolo e inda máis pola figura do Boteiro no mesmo.
Aínda sendo do Concello do Barco de Valdeorras, sen relación ningunha con Viana, dende moi cativa estiven en contacto co seu entroido debido a ter familia viviendo en Viana (por sorte para min). Sempre foi unha gran admiración este persoaxe típico e simbólico do entroido, aínda que o mesmo tempo medo e respeto, pois velos en directo chega a ser unha gran sensación (pódese dicir que son bastante tranquilos ata que apareces no seu camiño).
A función do Boteiro non é outra que abrirlle paso ó folión, outro dos elementos naturais deste entroido, e para facelo aparta a xente que se atope atrancando o paso, por seguridade, xa que se unha persoa está moi perto ou no medio por onde para o folión pode ser golpeado sen querer.
Ademais, os Boteiros danzan o ritmo do son que recita o folión, movendo as esquilas, saltando ca monca, etc.
Pola miña parte, pertencendo a un dos folións con máis membros da vila, sempre terei o soño de poder vestirme de boteiro e disfrutar desa gran sensación e experiencia. Mentres seguirei observándoos con admiración dende fora e defendendo este gran entroido que é igual de valioso que o resto de entroidos de Galicia e que non en tódolos sitios e coñecido e menos considerado.
Adxunto diferentes imaxes e un vídeo sobre o entroido de Viana do Bolo, a miña GRAN inspiración:
A proposta educativa dedicada a este traballo individual é achegar os nenos/as ó entroido de Viana do Bolo, un entroido de Galicia de igual importancia e simbolismo na comunidade e en ocasións non é valorado como se merece.
Coñecer a cultura que nos rodea é a maior fonte de aprendizaxe para coñecer a nosa contorna.




























No hay comentarios:
Publicar un comentario